S?bado, 22 de marzo de 2008


3, 4 E 5 DE ABRIL DE 2008
PAZO DE CULTURA DE PONTEVEDRA


Estes días estamos pechando a listaxe de participantes, expositores, talleres e concertos. Unha convocatoria na que contaremos coa participación de máis de vinte proxectos de Galicia, España, Portugal, Perú e Arxentina, e onde levaramos a cabo os encontros casuais, unha plataforma onde os autores poderán presentar os seus proxectos as súas apostas editoriais no que pretende erixirse como espazo aberto e distendido para o diálogo e o debate.

Entre os ASISTENTES xa confirmados:

GALICIA: Publicación Retal, Despregable, Asesinatos Morales, Editorial Polaqia, ALG-A, Edita T, Librería Formatos, Les Cocons, Ediciones espontáneas, Amastra-n-gallar, As + perralheiras, DXI Magazine
ESPAÑA: La Más Bella, Belleza Infinita, La Lata, AAAAA, La pluma Eléctri*k, Nolens Volens, Ediciones 30 Km, El Gaviero Ediciones, Arrebato Libros, Lechanelas, Monográfico
PORTUGAL: Revista Biblia, Atlas Projectos, Rui Gato, A Mula
ITALIA: Stirato
INGLATERRA: Muf
ARXENTINA: Eloisa Cartonera, Ramona, Viajo, Proyecto VOX, Perro Pila del Jujuy
PERÚ: Album del universo bakterial


TALLERES
Taller de edición creativa por Gustavo Darío López de ediciones VOX (Arxentina).
O venres de 11 a 14 h. e de 16 a 19 horas (a partir de 18 anos)
Taller de banda deseñada polo colectivo A Mula (Portugal)
O sábado de 11 a 14 h e de 16 a 19 horas (especialmente enfocado a cativos)
ENCONTROS NON CASUAIS
Ao longo dos tres días algúns dos participantes farán presentacións das súas propostas e proxectos editorais. Serán encontros non casuais en grupos de tres ou catro onde ir fomentando o debate e o diálogo. O programa de intervencións será o seguinte:

Xoves: 12 a 13 horas: Gustavo Darío, Periférica e a edición en Arxentina
13 a 14 horas: Belleza infinita, Retal, Edita
16 a 17.30 horas: Asesinatos Morales, La pluma Eléktri*k, Despregable
17.30 a 18.30 horas: Polaqia e A Mula
18.30: Antonio Gómez e a colección Discursos sin norma

Venres: 18.30 horas: La Lata, La Más Bella, Atlas Projects

Sábado: 18.30 horas: Proxecto-Edición (o catálogo 2007, Entrecruzar 2, escoitar.org, o espazo documental)

 


O ENCONTRO-FEIRA DO 2008
O segundo encontro-feira do Proxecto-Edición segue a ser un punto de encontro e debate entre as publicacións independentes, experimentais e proxectos de artistas referidos á edición. E como tal feira, quere abrir ao público estas experiencias que dificilmente poden ser amosadas noutros espazos.

ENTRADA E PARTICIPACIÓN GRATUÍTA

Convocatoria
Convócase ás revistas, libros ou calquera tipo de edición, sonora ou gráfica autoxestionada, independente, alternativa ou promovida por creativos e artistas, que non teñan distribución comercial significativa a presentar a suas propostas para a segunda edición do encontro-feira.
A solicitude deberá vir acompañada:
-de material gráfico e/ou audiovisual (formatos: jpg, eps, mp3 ou QuickTime) no que se poida valorar a obra.
-proposta de montaxe do stand e especificacións técnicas (ver espazos da feira)
Poderán realizarse presentacións, artworks, performances... nos propios espazos -ou propoñer para espazos comúns- sempre que se explicite na solicitude.
Calquera modificación do espazo físico deberá ser previamente acordado cos organizadores.

A solicitude deberá enviarse coa referencia: SOLICITUDE FEIRA PROXECTO-EDICION) por correo electrónico a [email protected] ou postal a CGAC [Rúa Valle Inclán s/n 15704 Santiago de Compostela, Tfno: 981 546634].

As solicitudes están en formato pdf nesta mesma páxina. Premer aquí

Non se admitirán proxectos que non teñan feita previamente a solicitude.


Espazos da feira
Serán asignados polos organizadores en función das características e necesidades das propostas. Proxecto-Edición reservase o dereito de realizar cambios de ubicación por motivos de espazo ou de seguridade.

As medidas dos espazos poden ser de:
30 m2
15 m2
mesas
outros (a especificar na proposta)
Serán paneis brancos, clavables, sen teito. As propostas terán que especificar construccións ou cores especiais, necesidades técnicas, e se se precisa algunha estrutura ou moble máis (paneis, mesas,cadeiras...)
A iluminación do espazo expositivo é xeral (os expositores que precisen algún tipo de instalación adicional deberán facelo constar na solicitude)

Admisións
Os proxectos seleccionados serán comunicados aos interesados/as nun prazo non superior aos quince dias, unha vez finalizada a presentación de solicitudes.
Todas as publicacións e obras poderán venderse na feira, si asi o desexa o expositor.
Queda reservado o dereito de dar de baixa unha admisión no caso que o expositor non cumpla as condicións e as datas as bases de participación. Nese caso o expositor será responsable de calquer gasto que se tivera ocasionado, e os organizadores non se farán responsables, baixo ningún aspecto, dos daños ou pérdidas que poideran ocasionar dito incumplimento.


Os organizadores resérvanse o dereito de convidar a editoriais, distribuidoras ou outro proxecto que o consideren oportuno.


Seguridade, mantemento e responsabilidades
O mantemento, limpeza e seguridade dos espazos comúns corre a cargo da organización do encontro-feira. Cada expositor será responsable da seguridade e mantemento do propio stand. Nin o proxecto-Edición, nin o recinto ferial serán responsables dos daños ou roubos que se podan ocasionar. Así mesmo, o expositor exime á organización de toda responsabilidade civil, penal, laboral e de orden administrativo que puidera derivar do uso que se lle otorga e do material exposto, incluindo accidentes de traballo, incendio u outros similares, riscos que serán asumidos polos expositores en forma exclusiva.

 

 


Tags: Pontevedra

Publicado por gala2 @ 4:59  | NOTICIAS POETICAS
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios