Martes, 02 de octubre de 2007
Del poemario

LENZOS DAS MADRUGADAS

Libros da Frouma
Librer?a Follas Novas/Follas Novas Edici?ns
Santiago de Compostela
2003
(ISBN: 84-85385-84-5)



Ausencias


Cando a casa
pobreza de ausencias
e os morcegos
dancen sos -?malditos eles!-,
ficaremos lonxe, ?tanto!,
esquecidos daquel desexo,
da ansia de sermos
sempre n?s.



No ?ltimo inverno


Cuarteou a l?a.
Chove sobre das casas sen teito.
A de Fe terma do esquelete.
A auga esfarela o barro do forno
marelando nunha charqueira.
Ao lonxe cospe ao ceo
nubes de fume a Central.



A vida


Da fondura dos carballos ven este silencio,
da boqueira onde me ollan as eguas.
Unha luz vaise derrafando,
det?ndose ferida nos loureiros.
Salouco. Fenda.
Unha folla voltea no ar, roxe a?nda viva,
vai caendo lenemente e fica agora no chan,
desangrada, orfa
.


***

MEDOS ROMERO nace en Soomede, As Pontes, en 1959. No ?mbito da l?rica publicou os poemarios Rend?ome no tempo (1998), ?nome en por min (1999), O peso da derrota (2000).

(peque?o apunto extra?dos del libro Lenzo das madrgadas)

Tags: Medos Romero

Publicado por gala2 @ 4:31  | POEMAS
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios